Mostrando entradas con la etiqueta Aula de Gaita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aula de Gaita. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de febrero de 2023

2022-23. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - O MARTELO

Bo día, aquí tedes o material para ir traballando noutra peza. É un pasodobre dun gaiteiro da Coruña chamado Raúl Galego.

Premendo máis abaixo, podedes acceder ás partituras, audio e vídeos.


Ligazóns aos videos do canal YouTube da ETRAD:


Con frauta:



lunes, 21 de noviembre de 2022

2020-21. AULA DE GAITA: 1º Básico - Batementos

OS BATEMENTOS

A continuación imos estudar outro recurso dos que ten a gaita que se chama BATEMENTO ou tamén denominado por algúns profesores como picado-ligado.

É unha forma de picar as notas pero sen mover ningún dedo superior á nota que estamos a executar, senón un ou varios dedos inferiores a esta, segundo o batemento que nos corresponda realizar.

Como o seu nome indica, batemento vén de bater, neste caso hai que bater os dedos ou dedo correspondente contra o punteiro, ou fauta no seu defecto, un golpe seco e preciso sen chegar a tapar os buratos na súa totalidade, de xeito que o son quede interrumpido pero cun efecto moi livián.

Dende a posición na que temos os dedos cos que imos realizar o batemento, debemos coller impulso cpara bater os dedos necesarios. Isto podémolo facer botando estes dedos cara arriba e lanzándoos con moita forza cara ao punteiro ou frauta, deixando que volten á súa posición sen facer forza con eles.

Tamén debemos ter coidado de non tapar de máis os buratos cos que facemos o batemento, xa que se nos excedemos chegariamos a dar unha nota máis. lixando a melodía.

A representación gráfica dos batementos será colocando unha pequena liña enriba ou debaixo da nota á que lle afecta ( _ ), tendo a duración e a execución igual que a do picado.

A continuación temos un exemplo de cómo aparecerían representados os batementos nas partituras.



Pasa saber qué dedos corresponde baixar a cada batemento segundo a nota que esteamos executando, memorizaremos a seguinte táboa, coa finalidade, igual que acontece cos picados, de non representar os mesmos con notas, xa que crearía unha infinidade de elementos na partitura, que dificultaría a visualización clara da melodía.

Logo de aprendermos esta táboa dos batementos, realizaremos os seguintes exercicios, primeiro temos só batementos e despois, este mesturarémolos cos picados.

Preme aquí para ver a explicación: Batementos - 1º Básico

Acceso á folla explicativa, exercicios e vídeos.

Preme no enunciado dos exercicios para poder visualizalos.

EXERCICIO 1
EXERCICIO 2





EXERCICIO 3



EXERCICIO 4






EXERCICIO 5



EXERCICIO 6

EXERCICIO 7
EXERCICIO 8

EXERCICIO 9

EXERCICIO 10