jueves, 4 de mayo de 2023

2022-23 AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - MUIÑEIRA Nº 2

Bo día, aquí tedes o material para ir traballando.

Trátase dunha muiñeira moi sinxela que ten un adorno novo para algúns, que son os xiros. Podedes consultar como se interpretan na seguinte ligazón:


Premendo máis abaixo, podedes acceder ás partituras, audio e vídeos (coa frauta e tamén a partitura co audio) da Muiñeira nº 2.


Ligazóns aos videos do canal YouTube da ETRAD:

Con frauta:



 

lunes, 27 de febrero de 2023

2022-23. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - O MARTELO

Bo día, aquí tedes o material para ir traballando noutra peza. É un pasodobre dun gaiteiro da Coruña chamado Raúl Galego.

Premendo máis abaixo, podedes acceder ás partituras, audio e vídeos.


Ligazóns aos videos do canal YouTube da ETRAD:


Con frauta:



lunes, 6 de febrero de 2023

2022-23. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - VALSE DOS VELLOS

 2020-21. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - VALSE DOS VELLOS


Bo día, aquí tedes o material para ir traballando noutra peza. É un valse tradicional que tocaba o grupo vigués Airiños do Parque de Castrelos

Premendo máis abaixo, podedes acceder ás partituras, audio e vídeos (coa frauta e tamén a partitura co audio).

PARTITURAS, AUDIO e VÍDEOS

Ligazóns aos videos do canal YouTube da ETRAD:

PARTITURA + AUDIO

Con frauta:

VALSE DOS VELLOS - GAITA 1

VALSE DOS VELLOS - GAITA 2

2022-23. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - XIROS (ornamentación)

 ETRADCOVID19. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - XIROS (ornamentación)


XIROS

Este tipo de adornos consta de duas notas pequenas (que tamén a súa duración é moi pequena: mordente) que se tocan despois da nota principal á que van ligadas, realizándose ao remate do seu tempo, ou, como nos picados, xusto antes de que comece a duración da seguinte nota.

denominación de XIROS é porque para pasar dunha nota a outra, en vez de facela directamente, pasamos por varias notas rapidamente antes de chegar a esa última ; como se désemos un pequeno rodeo.



Vedes aquí a representación deste tipo de adornos que están escritos en menor tamaño (como comentamos ao comezo), para indicarnos que a súa duración é menor con respecto ás demáis notas da melodía, así como tamén aos valores das figuras representadas.



Vedes no seguinte exemplo como sería a interpretación deste xiro en notas reais. Corresponde est esbozo de peza ao exemplo anterior. Como veredes, estamos nun compás de 3/4, e a branca que aparecía convértese nunha negra ligada a unha corchea con puntiño, das que resulta unha duración da primeira partes máis tres cuartos da segunda, quedándonos, neste caso, o cuarto de parte para dar esas dúas fusas, que correspondería ás notas deste xiro.

Este tipo de ornamentación non o escribimos en notas reais debido a que dificultaría moito a lectura da partitura, por iso óptase por poñer esas notas pequenas.

Este tipo de adorno é fundamental e enriquece en gran medida todas as melodías, debe realizarse moi claramente, e despois deste xiro, se temos que baixar dous dedos ou máis, estes deben facelo xuntos.

Logo disto, imos realizar un exercicio que nos axudará a preparar os dedos para logo alpiclos nas melodías vindeiras.

O exercicio que vedes a continuación é o mesmo que o anterior, pero os seus xiros están escritos con notas reais, polo tanto, a distribución do tempo de cada parte do compás para a interpretación dos adornos sería a seguinte:


Premendo máis abaixo, tedes acceso á PARTITURA, VÍDEO e EXPLICACIÓN en vídeo deste adorno.




Logo de ter traballado este exercicio, pasaremos á melodía Valse dos Vellos.

jueves, 26 de enero de 2023

2022-23. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - VEÑO DA VIRXE DA BARCA

2020-2. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - VEÑO DA VIRXE DA BARCA

Boas, aquí tedes o material para ir traballando noutra peza, neste caso, empregando a posición A de Do Pechado.

Premendo máis abaixo, podedes acceder ás partituras, audio e vídeos (coa frauta e tamén a partitura co audio).


Ligazóns aos videos do canal YouTube da ETRAD:

Con frauta:

jueves, 12 de enero de 2023

2022-23. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - PASODOBRE DE MALLOU

Bo día, aquí tedes o material para ir traballando noutra peza. 

Premendo máis abaixo, podedes acceder ás partituras, audio e vídeos.


Ligazóns aos videos do canal YouTube da ETRAD:


Con frauta:


2022-23. GAITA 1º BÁSICO: A RIANXEIRA

Premede nos seguintes enlaces para descargar e visualizar o material.


A RIANXEIRA partituras

VÍDEOS:

A Rianxeira Gaita 1

A Rianxeira Gaita 2