lunes, 21 de noviembre de 2022

2022-23 AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - VALSE DE TARAMUNDI

AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - VALSE DE TARAMUNDI

Bo día, aquí tedes o material para ir traballando noutra peza. É un valse tradicional que tocaba o patriarca da familia Seivane: Xosé Seivane.

Premendo máis abaixo, podedes acceder ás partituras, audio e vídeos (coa frauta e tamén a partitura co audio).

PARTITURAS e VÍDEOS

Ligazóns aos videos do canal YouTube da ETRAD:

Con frauta:

VALSE DE TARAMUNDI - GAITA 1

VALSE DE TARAMUNDI - GAITA 2

2020-21. AULA DE GAITA: 1º Básico - Batementos

OS BATEMENTOS

A continuación imos estudar outro recurso dos que ten a gaita que se chama BATEMENTO ou tamén denominado por algúns profesores como picado-ligado.

É unha forma de picar as notas pero sen mover ningún dedo superior á nota que estamos a executar, senón un ou varios dedos inferiores a esta, segundo o batemento que nos corresponda realizar.

Como o seu nome indica, batemento vén de bater, neste caso hai que bater os dedos ou dedo correspondente contra o punteiro, ou fauta no seu defecto, un golpe seco e preciso sen chegar a tapar os buratos na súa totalidade, de xeito que o son quede interrumpido pero cun efecto moi livián.

Dende a posición na que temos os dedos cos que imos realizar o batemento, debemos coller impulso cpara bater os dedos necesarios. Isto podémolo facer botando estes dedos cara arriba e lanzándoos con moita forza cara ao punteiro ou frauta, deixando que volten á súa posición sen facer forza con eles.

Tamén debemos ter coidado de non tapar de máis os buratos cos que facemos o batemento, xa que se nos excedemos chegariamos a dar unha nota máis. lixando a melodía.

A representación gráfica dos batementos será colocando unha pequena liña enriba ou debaixo da nota á que lle afecta ( _ ), tendo a duración e a execución igual que a do picado.

A continuación temos un exemplo de cómo aparecerían representados os batementos nas partituras.



Pasa saber qué dedos corresponde baixar a cada batemento segundo a nota que esteamos executando, memorizaremos a seguinte táboa, coa finalidade, igual que acontece cos picados, de non representar os mesmos con notas, xa que crearía unha infinidade de elementos na partitura, que dificultaría a visualización clara da melodía.

Logo de aprendermos esta táboa dos batementos, realizaremos os seguintes exercicios, primeiro temos só batementos e despois, este mesturarémolos cos picados.

Preme aquí para ver a explicación: Batementos - 1º Básico

Acceso á folla explicativa, exercicios e vídeos.

Preme no enunciado dos exercicios para poder visualizalos.

EXERCICIO 1
EXERCICIO 2





EXERCICIO 3



EXERCICIO 4






EXERCICIO 5



EXERCICIO 6

EXERCICIO 7
EXERCICIO 8

EXERCICIO 9

EXERCICIO 10

2020-21 1º de Básico: Muiñeira nº 1

Aquí tedes acceso á partitura e video do tema: Muiñeira nº 1

Muiñeira nº 1 - Cartafol


Vídeo:

Muiñeira nº 1

lunes, 10 de octubre de 2022

2022-23 GAITA 1º de Básico: Polca da Barreira

Aquí tedes acceso á partitura e video do tema: Polca da Barreira

Polca da Barreira - Cartafol


Vídeo:

Polca da Barreira

jueves, 6 de octubre de 2022

2022-23. GAITA 1º de Básico: Pasodobre de Meira

Aquí tedes acceso á partitura e video do tema: Pasodobre de Meira

Pasodobre de Meira


Vídeo:

Pasodobre de Meira

lunes, 3 de octubre de 2022

2022-23 1º de Básico: Vilanova dos Infantes

Aquí tedes acceso á partitura e video do tema: Vilanova dos Infantes


Vilanova dos Infantes - Cartafol




Vídeo con frauta:

Vilanova dos Infantes