lunes, 6 de febrero de 2023

2022-23. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - XIROS (ornamentación)

 ETRADCOVID19. AULA DE GAITA: 1º BÁSICO - XIROS (ornamentación)


XIROS

Este tipo de adornos consta de duas notas pequenas (que tamén a súa duración é moi pequena: mordente) que se tocan despois da nota principal á que van ligadas, realizándose ao remate do seu tempo, ou, como nos picados, xusto antes de que comece a duración da seguinte nota.

denominación de XIROS é porque para pasar dunha nota a outra, en vez de facela directamente, pasamos por varias notas rapidamente antes de chegar a esa última ; como se désemos un pequeno rodeo.



Vedes aquí a representación deste tipo de adornos que están escritos en menor tamaño (como comentamos ao comezo), para indicarnos que a súa duración é menor con respecto ás demáis notas da melodía, así como tamén aos valores das figuras representadas.



Vedes no seguinte exemplo como sería a interpretación deste xiro en notas reais. Corresponde est esbozo de peza ao exemplo anterior. Como veredes, estamos nun compás de 3/4, e a branca que aparecía convértese nunha negra ligada a unha corchea con puntiño, das que resulta unha duración da primeira partes máis tres cuartos da segunda, quedándonos, neste caso, o cuarto de parte para dar esas dúas fusas, que correspondería ás notas deste xiro.

Este tipo de ornamentación non o escribimos en notas reais debido a que dificultaría moito a lectura da partitura, por iso óptase por poñer esas notas pequenas.

Este tipo de adorno é fundamental e enriquece en gran medida todas as melodías, debe realizarse moi claramente, e despois deste xiro, se temos que baixar dous dedos ou máis, estes deben facelo xuntos.

Logo disto, imos realizar un exercicio que nos axudará a preparar os dedos para logo alpiclos nas melodías vindeiras.

O exercicio que vedes a continuación é o mesmo que o anterior, pero os seus xiros están escritos con notas reais, polo tanto, a distribución do tempo de cada parte do compás para a interpretación dos adornos sería a seguinte:


Premendo máis abaixo, tedes acceso á PARTITURA, VÍDEO e EXPLICACIÓN en vídeo deste adorno.




Logo de ter traballado este exercicio, pasaremos á melodía Valse dos Vellos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario